Nuria Mosqueira faise co premio Filomena Dato de poesía

O poemario Oito días será publicado pola editorial Apiario

Nuria Mosqueira Varela
Nuria Mosqueira Varela
Nuria Mosqueira Varela fíxose co VI premio de poesía Filomena Dato que convoca o concello de Bergondo. A obra ganadora titúlase Oito días e o xurado destacou "a construción dun universo propio e a recreación dunha atmósfera, destacando o control no manexo da lingua e a introdución da oralidade, así como a convivencia entre emoción e violencia, memoria persoal e social". Mosqueira recibirá 2.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía Filomena Dato editada por Apiario.