Pontevedra comeza a súa II Feira do Humor co grupo "Teatro do Morcego"

Ghe, ghe

Durante catro días a cidade do Lérez será a máis divertida de toda Galicia. E é que Pontevedra acolle a segunda edición da Feira do Humor cun programa cheo de actos. Espectáculos, obradoiros e cursos de risoterapia encherán as prazas de Pontevedra ata o vindeiro domingo. Unha terapia intensiva para rebaixar a tensión acumulada durante todo un ano.

Inicio das actividades


"O home moto" ou Avelino González é o encargado de dar o pistoletazo de saída desta Feira do Humor. E faráo a partires das seis da tarde cun espectáculo que levará polas rúas pontevedresas desde a praza da Peregrina.
Dúas horas despois, ás oito, José Losada será o encargado de pasear ó pirata e ó bufón (os seu personaxes preferidos) por Curros Enríquez, a Ferreria e a praza da Verdura.
Pero o atracón de risas máis forte do día está preparado para a noite. Será da man de Teatro do Morcego e poñerá en escena "Os piratas".


Aprender a facer rir


Unhas das actividades centrais desta Feira do Humor son os curso para adultos de iniciacion ó teatro de máscaras. Uns obradoiros que corren da man da compañía canadense "Theatre Beyond Words". Os cursos teñen carácter gratuito e impartiranse o sábado e o venres no Pazo da Cultura.
Ademais, para os que queiran coñecer ó grupo que imparte os cursos, poderanse ver en escea o día antes, é dicir, o xoves, no Teatro Principal. Un momento no que interpretará a súa obra "Os turistas".
E mentres un aprenden nesta arte das máscaras, os que queiran poderán participar no curso de risoterapia, que terá lugar venres e sábado no Teatro Principal.


E aínda hai máis

Pero dentro do programa preparado para esta festa do humor aínda existen numerosas actividades máis. Os títeres de "Viravolta" en Curros Enríquez o xoves. Un día no que Mela Casal e Gloria Ferreiro conversarán en ton humorístico sobre situacións da vida cotiá.