Ribadavia e Pontevedra ultiman as súas festas históricas

A Cidade do Lérez acolle desde hoxe as VI Xornadas de Historia

| Santiago. Redacion | Seccións: sociedade
Compartir:

Quedan só dous días para que comece a celebérrima Festa da Istoria de Ribadavia. Entre o 27 e o 29 de agosto, a vila do Ribeiro acollerá actuacións, obradoiros, danza, a representación dunha voda xudea e todo tipo de actividades de recreación histórica. Pola súa banda, en Pontevedra arrincan hoxe as VI Xornadas de Historia, un programa previo á Feira Franca que se celebrará a primeira fin de semana de setembro. Desta volta, tanto a festa coma as xornadas teñen como eixe a situación da lingua durante a Idade Media.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Ribadavia, Lérez, Feira...