Pontevedra celebra entre mañá e pasado unha feira que sae dos lÃmites do habitual neste tipo de eventos. En primeiro lugar é unha feira que se celebra por concesión real. En segundo lugar ten a súa orixe nada menos que en 1467. En terceiro lugar, traslada por uns dÃas a cidade ó século XV, o seu perÃodo de maior esplendor. Trátase da Feira Franca, a festa de recreación histórica de Pontevedra que ve este ano a súa terceira edición logo de ser recuperada no ano 2000.
A(s) orixe(s)
AÃnda que a Feira Franca de Pontevedra está a celebrarse na súa forma actual só desde hai tres anos, temos que buscarlle a orixe en pleno século XV. En 1467 o Rei Henrique IV outorgou á cidade o dereito de organizar un mercado dun mes de duración “que comience a quince dias antes del dia de San Bartolome de cada un año y que dure treinta dias”, sinala o documento fundacional do evento. Aparentemente a duración da feira diminuÃu con bastante rapidez, e xa no século XVIII existen escritos nos que Frei MartÃn Sarmiento reclama a necesidade de recuperar o mercado. Esta recuperación chegou no ano 2000 cando o goberno municipal botou a andar a nova Feira Franca. A intención fundamental era dinamizar o casco histórico da vila e difundir unha das épocas de maior esplendor da cidade. Desde entón vense celebrando en Pontevedra esta festa de recreación medieval cun éxito crecente de público, xa que o ano pasado o Concello estima en vinte mil as persoas que visitaron o evento durante os dous dÃas en que se celebrou.
Unha feira para todos, todos para unha feira
Acadar a participación da maior cantidade posible de persoas na celebración e na organización do evento é algo que caracteriza a feira desde o seu comezo e que se mantén na edición deste ano, a celebrar os dÃas seis e sete de setembro. Segundo explica LuÃs Bará, Concelleiro de Cultura, ”Hai unha tendencia a facer mercados medievais organizados por unha empresa que ten unha finalidade fundamentalmente lucrativa e hai outro modelo que nós queremos seguir que é buscar un carácter máis participativo.” Seguindo este esquema as anteriores edicións da feira organizáronse contactando con diversas asociacións e hostaleiros, e foi este ano cando se creou oficialmente o Consello da Feira Franca no que participan todo tipo de asociacións veciñais, xuvenÃs e culturais que deciden coa colaboración do Concello as actividades a realizar e ser reúnen periodicamente seguindo un regulamento e facendo un traballo sistemático. Logo é a Corporación a que reparte os recursos económicos entre as distintas propostas, este ano arredor de 48.080 euros. Cada un pon o que sabe e o que pode. Desde a Sociedade Recreativa de Xeve aportan os seus cabalos e organizan o desfile que representa a chegada á cidade dos carros co viño do Ribeiro. Os clubs de Rol Tuatha Dé Danann e Novos Segreis encárganse de organizar combates con espadas de escuma abertos a todo o mundo. O Club Boa Vila de Tiro con Arco montou unha mostra destas armas e ensinará o seu manexo ós visitantes. Arredor de trescentas persoas involucráronse este ano na organización do evento.
Un pasado que move a cidade
Os tres anos de Feira Franca estanse deixando sentir en diferentes ámbitos da cidade. Por unha banda multiplÃcanse os negocios de alugueiro, venda e confección de traxes, a presencia de artesáns que acoden a Pontevedra chamados pola feira e o número de negocios de hostalerÃa que buscan participar activamente no evento organizando ceas e instalando postos ó aire libre. Por outra, son moitas as asociacións que amplÃan as súas actividades, coma é o caso da Recreativa de Xeve que realizou un grande labor de documentación para preparar a representación da entrada do viño do Ribeiro na cidade ou o grupo de danza tradicional Dúos Pontes, que incorpora deste ano a danza medieval ó seu repertorio logo dun curso intensivo e que ademais imparte clases de iniciación a este xénero. Tamén foron moitos os hostaleiros e os interesados na gastronomÃa que poderán incorporar a cociña medieval ós seus menús logo dos obradoiros organizados para preparar a festa.Tamén ó abeiro da feira naceu unha asociación coma a Franca Irmandade, que uniu hai xa tres anos a un grupo de persoas co interese común de participar no evento e na súa organización e que conta agora mesmo cuns cen socios que durante todo o ano realizan rutas culturais e camiñadas e organizan o premio Turoqua entre outras actividades. Ademais, por suposto, participan na organización da Feira e de montar unha cea medieval que se está a converter nun referente polo elaborado dos seus menús e o seu éxito de participación.
Ensinando historia
Ademais da xente que participa na organización da feira, os visitantes tamén teñen ocasión de aprender cousas. Ademais de coñecer mellor a indumentaria, a cociña e os costumes de finais do século XV, elementos nos que se procura ser fieis á ambientación, todo o mundo pode incrementar o seu coñecemento sobre a antiga Pontevedra a través dos artigos de tema histórico que aparecen na revista que se publica con ocasión do evento. E se o pasado ano se fixo un congreso sobre a relación de Pontevedra e o mar e sobre a BasÃlica de Santa MarÃa (construÃda nesta época) nesta terceira edición pode verse unha exposición sobre os pergameos, a súa elaboración e o traballo dos copistas e dos miniaturistas medievais.
Pensando no futuro
Seguindo a traxectoria crecente da feira en canto a actividades e área de actuación, a organización agarda que este ano haxa tamén unha maior participación de público. Para o futuro inmediato, o concelleiro LuÃs Bará anuncia a intención de incrementar o número de actividades e ocupar cada vez máis espacios na zona vella con elas. AÃnda que para el “a materia pendente da Feira Franca é buscar un maior protagonismo da temática mariñeira”, un eido fundamental na Pontevedra dos séculos XV e XVI. Neste sentido salienta que o antigo barrio mariñeiro da Moureira no tivo polo de agora o protagonismo que merece.