Silleda acolle a Primeira Semana do Humor con cine, cursos e exposicións

Cinco dias de risa

"Ri e todo o mundo rirá contigo". Con este lema o Concello de Silleda quere comezar o mes de decembro repartindo ledicias. E por ese mesmo motivo organizou a "Primeira Semana do Humor" que ten como obxetivo propoñer a risa como terapia. Para isto organizou ciclos de cine, cursos de Banda Deseñada, espectáculos, exposicións, concursos de chistes e conferencias... de risa. Unha multitude de actos que desfilarán e repartirán gargalladas polas rúas, por numerosos bares da localidades silledenses e, as grandes citas, no Auditorio da Semana Verde. Un programa no que traballaron xuntas o concello de Silleda e a Asociación Cultural Adellis.

E hoxe comezamos con...


Hoxe mércores comezan os espectáculos da Primeira Semana do Humor de Silleda. E faino cun programa ben cargado de actos de moi divera índole pero que ten como obxectivo común facer rir. E empezamos a sesión de humor por bloques, e falando de peches. A Asociación Cultural Adellis, unha das organizadoras de esta semana, levaba uns días avanzando este gran evento humorístico. E fixo programando un ciclo de "Cine Cómico e de Humor" que remata hoxe. A película que proxectarán ás 22:30 na Casa de Cultura é o clásico de Billy Wilder, "El Apartamento". Pero hoxe o programa ten moitas citas e moi diversas. Comezamo co Curso de Banda Deseñada que imparte Kiko da Silva na Casa da Xuventude e qeu se preolognará ata o día 6 de decembro que está aberto a todos os públicos pero que ten un número de prazas limitadas.
Hoxe tamén se abre un dos eventos centrais, que é a exposición "Humor gráfico de todo o mundo" que chega da man do museo do Humor de Fene e que se pode ver na Casa da Cultura.
Polo demais, no programa de actos -con continuidade durante este evento- tamén comeza o Concurso de Chistes que terá por escenario de actuacións numerosos bares e bodegóns silledenses (hoxe no Bar A Pedra e no Pub Exilieta, mañá nos bares Toxa e Cristal, o venres no Bodegón Trujillo e o Pub Sarao e rematará o sábado no Bar Avenida e na Discoteca Dilema).

Espectáculos de Gran Formato


Durante toda esta Semana de Humor están programados o que a organización denomina "espectáculos de grande formato", que son as actuacións de personalidades moi coñecidas do mundo do hñumor. Por iso, polo Auditorio da Semana Verde de Silleda pasearánse Tortell Poltron (o mércores 5 e o xoves ás 21:30 horas), "Slastic" a compañía dirixida polos cataláns Tricicle (venres7 ás 21:30 horas) o espectáculo de Magomigue (domingo 9 de decembro ás 17 horas) e o de Faemino e Cansado (sábado 8 de decembro ás 21:30 horas). Todos estes eventos son de pagamento e teñen uns prezos que oscilan entre as 500 e as 2000 pesetas (3.01 e 12.02 euros repectivamente). Ademais, a organización ten previsto un bono, que custa 3.500 pesetas (21.04 euros) para os que queiran asistir ós catro grandes espectáculos.

E os demais eventos

Ademais de todos os eventos citados ata o de agora, o programa inclúen máis actos. Non nos podemos esquecer das caricaturas,"Ríete contigo mesmo", polo que desde o días 6 ó 9 coñecidos caricaturistas farán debuxos a todos os que queiran e se paseen polas rúas desta localidade pontevedresa. E como toda xornada e semana que se precie, aínda que o tema sexa de risa, tamén existen actos serios. Son as conferencias e as mesas redondas que sobre o tema do "Humor como terapia na Mediciña e no Ensino" concentrarán a médicos, psicólogos, filólogos e humoristas. As citas son o xoves ás 18:30 na Casa da Cultura e o venres ás 21:00 no Auditorio da Semana Verde.
Rematamos o programa de repaso polo programa falando dos mimos estatua. Un evento que se sucerá polas súas de silleda do 6 ó 9 e que trae a Wayne Scott (de Irlanda) coa súa interpretación de "O profesor Chiflado", e Mathew Scott (desde Inglaterra) co seu "O Anxo".