Silleda inaugura mañá a terceira edición da súa Semana do Humor ampliando o seu programa

Comeza o riso

“Silleda, creando sorrisos” é o lema co que se celebra desde mañá a III Semana do Humor deste concello pontevedrés. Humoristas recoñecidos coma Eva Hache, Máximo Pradera, More ou Tricicle participarán nun completo programa que inclúe espectáculos nas rúas e nos pubs da vila, exposicións e mesmo un concurso de chistes. Pepe Carroll e Chumy Chúmez serán recoñecidos a título póstumo co galardón “Sorriso de ouro”.

Máis información en Galicia Hoxe e no noso tema sobre a anterior edición do evento