O Día das Letras Chairegas homenaxeará mañá a Xosé Chao Rego

Día de letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A comarca da Terra Chá celebra mañá o Día das Letras Chairegas homenaxeando nesta ocasión ó escritor e ensaísta Xosé Chao Rego. Ademais, vimos de coñecer a reivindicación da Fundaçom Artábria para que o Concello de Ferrol erga un monumento a Carvalho Calero.

Letras Chairegas

O 21 de Marzo é o día das Letras Chairegas, unha data que pretende afortalar os vencellos culturais da comarca e proxectar cara ó exterior o patrimonio cultural e humano da zona. Nesta ocasión o homenaxeado é Xosé Chao Rego, teólogo e ensaísta que ten realizado traballos sobre a situación da relixión ou a condición homosexual e que mantén colaboracións periódicas con distintas publicacións do país.
Entre os actos previstos está prevista a presentación dunha revista dedicada ás Letras Chairegas. Ademais realizarase un mural conmemorativo, unha fotocompisión sobre a vida do autor e actuacións musicais no Instituto de Esino Secundario de Allariz. Logo dun xantar en Guitiriz, Xosé Chao Rego e o seu irmán Ramón Chao reuniranse co público no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba. Xa nos últimos días Xosé Chao veu impartindo conferencias en diferentes centros da comarca.



Carvalho Calero

En Ferrol, a Fundaçom Artábria vén de solicitar formalmente ó Concello que lle dedique un monumento ó escritor e estudiosos Ricardo Carvalho Calero, falecido hai dez anos. Este colectivo considera como lugar idóneo para este monumento a zona da Praza Vella, nas proximidades da casa natal de Carvalho Calero. Ademais, Artábria tamén solicitou que a placa da rúa dedicada ó escritor mude o seu texto de "Calle Carballo Calero" a "Rua Carvalho Calero", respectando a ortografía que o homenaxeado empregaba na última época da súa vida. A Fundaçom tamén solicitou que se realice unha galeguización completa das rúas do nomenclator das rúas de Ferrol.



Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Chao Rego, Xosé Chao Rego, Carvalho Calero, Concello de Ferrol...