Proliferan os roteiros para coñecer a figura de Carballo Calero

Ferrol concentra estas actividades para coñecer o homenaxeado no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Proliferan os roteiros para coñecer a figura de Carballo Calero

Coñecer o protagonista do Día das Letras mediante roteiros guiados é unha proposta que está a se consolidar na axenda cultural do país. No caso de Carballo Calero, homenaxeado este 2020, están a se multiplicar as propostas de homenaxe a camiñar, na súa maior parte con Ferrol como escenario. Deste xeito a Asociación Compostelá A Gentalha do Pichel convoca a participar o vindeiro 15 de febreiro nunha excursión á cidade natal do autor para participar dun paseo guiado que coorganiza a Fundaçom Artábria e que desenvolverá a cooperativa Rexenerando. Os centros de ensino da Cidade Departamental teñen tamén aberto o prazo para participar en roteiros desta cooperativa co apoio do Concello.

Para o vindeiro 25 de xullo será José-Martinho Montero Santalha o guía dun Roteiro literario polos espazos vitais de Carvalho Calero en Ferrol, desta volta enmarcado nas actividades de formación do profesorado da Consellaría de Educación.

O 15 de maio diferentes asociacións e colectivos da cidade convocan a quinta edición do Roteiro literario e musical A mirada de carvalho, que percorrerá varias rúas baixo a dirección de Loreto de Castro.

Fóra de Ferrol, o pasado domingo 9, Adela Figueroa guiaba o roteiro O Lugo de Carvalho Calero, organizado pola Asociación Ecoloxista ADEGA.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Ferrol, Gentalha do Pichel...