Ferrol inicia a súa programación sobre Carballo Calero

A mostra Imaxe de cen anos repasará a traxectoria do autor ata o 31 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:

O Concello de Ferrol, berce do autor homenaxeado no vindeiro Día das Letras anunciou esta semana o comezo das actividades para lembrar a Ricardo Carballo Calero. Como primeira proposta, este 24 de xaneiro abrirá no centro cultural Torrente Ballester a exposición Imaxe de cen anos. Trinta primeiras edicións, obxectos da súa vida persoal e académica como reloxos, o seu bastón, medallas ou placas de recoñecemento fan parte deste proxecto que contou coa colaboración da familia. A exposición estará aberta ata o vindeiro 31 de maio. De cara a completar as homenaxes, o concello anunciou a súa intención de convocar unha mesa de entidades interesadas en coordinar o seu traballo a prol do autor.

Tamén desde Ferrol, a cooperativa Rexenerando anunciou o desenvolvemento dun roteiro específico que percorre oitenta anos de historia da cidade coa figura de Carballo Calero como eixe. Ademais, a entidade porá en marcha varios obradoiros sobre o autor para centros de ensino primario e secundario.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Ricardo Carballo Calero, Concello de Ferrol...