A exposición Don Ricardo de Fingoi explora o período lugués de Carballo Calero

O Colexio Fingoi réndelle homenaxe ao que foi o seu director

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
A exposición Don Ricardo de Fingoi explora o período lugués de Carballo Calero

O Colexio Fingoi de Lugo inauguraba na tarde deste 15 de xaneiro a exposición Don Ricardo de Fingoi. Carballo Calero en Lugo. O centro lembra así ao que foi o seu director, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. A mostra, que consta de trece paneis, percorre a relación do autor coa Cidade da Muralla a atender en particular ao período que pasou neste innovador centro, entre 1950 a 1965, no que impartiu clases e se encargou da coordinación.

Realizada polo Colectivo Egeria e coordinada por Xulio Xiz, o proxecto complétase cun web que recolle e complementa os contidos dos paneis e sairá tamén en formato libro. A mostra continuará a súa itinerancia por diferentes espazos ata o vindeiro mes de decembro, e conta co patrocinio da da Xunta de Galicia, do Xacobeo e da Real Academia Galega.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Lugo, Día das Letras Galegas...