Agustín Fernández Paz, homenaxado no Día das Letras Chairegas

As letras da chaira

O Concello de Vilalba acolleu onte a presentación do Día das Letras Chairegas, que se celebrará o vindeiro 21 de marzo dedicado ó escritor Agustín Fernández Paz, que naceu precisamente en Vilalba. Coa institución deste día preténdese homenaxar a aqueles autores nacidos na comarca que teñen destacado na súa contribución á literatura.







Actos



Os datos previstos para celebrara esta data céntranse fundamentalmente nos institutos da zona, incluíndose representacións teatrais e un percorrido sentimental do autor, que visitará os centros educativos, pola súa Vilalba natal. Ademais prevese organizar un certame de poesía e de contos, varias actuación musicais e a realización dunha banda deseñada e dun mural de graffiti. Os institutos involucrados na organización desta xornadas son o Insua Bermúdez, o Mato Vizoso, o Castelao, o colexio de Muras e os institutos de Castro, Guitiriz e A Pastoriza.













Agustín Fernández Paz



O escritor homenaxado este ano compaxina o seu labor literario co do ensino. As súas obras diríxense fundamentalmente ó público infantil e xuvenil, con títulos como "As flores radiactivas"(premio Merlín 1989), "Contos por palabras" (premio Lazarillo 1990), "Trece anos de Branca" (premio Edebé 1994), "Cartas do ceo" (premio Rañolas" ou "A neboa escura" (premio Raíña Lupa). Ademais foi membro fundador do colectivo "Nova escola galega" e ten realizado e colaborado en diversas publicacións de carácter pedagóxico.