A discográfica coruñesa Falcatruada ven de anunciar que case trinta grupos do panorama indie galego están a preparar, por iniciativa desta discográfica e da plataforma A Regueifa, unha reinterpretación contemporánea dos temas de Andrés Do Barro, o primeiro cantante galego que colou unha canción (O Tren) no número un de ventas do estado. A recompilación conterá temas clásicos de Do Barro coma o Corpiño Xeitoso, Meu amor, Adeus adeus ou Para che falar de amor, pero coa revisión dos herdeiros da movida musical galega. Os ritmos máis actuais réndenlle asà tributo ao rei do pop galego. A lista non está pechada polo de agora, pero nela figurarán algúns dos grupos máis rebuldeiros da actual escena musical do paÃs.Desde Falcatruada aseguran que este proxecto “vai andando pasiño a pasiño”.