¿Imaxinan unha canción galega e en galego no número un das listas de éxitos? Pois a finais dos anos sesenta foi unha realidade. O tren de Andrés do Barro (Narón, 1947- Madrid, 1989) foi o primeiro fito do pop galego que trunfou nas radiofórmulas españolas. Logo de tres anos de gloria o artista ferrolá caeu no esquecemento ata a súa morte. Agora, unha iniciativa pretende desempoar os seus discos.
O éxito debeuse á sinxeleza do produto, e ao acerto sobre os obxectivos do romántico, o melódico, o saudoso... deste xeito Xabier Alcalá, amigo e letrista dalgunhas cancións do músico ferrolá, define as claves do seu éxito. Precisamente este escritor e enxeñeiro de telecomunicacións forma parte da comisión Saudade de ti que se acaba de constituír en Ferrol para recuperar a obra editada, a inédita e a figura do cantante.
Saudade
Amigos, críticos musicais e familiares forman parte desa comisión que se xuntou o pasado día 22 (día no que se cumpría o décimoquinto cabodano do músico) na galería Sargadelos de Ferrol. É o primeiro dos actos que a comisión ten previsto celebrar para recuperar a figura de Andrés Do Barro. Naquela mesa estaban a súa filla Andrea Lapique, o seu amigo Xabier Alcalá, o crítico musical Nonito Pereira, Anxo Fernández, realizador e produtor, e moderaba a mesa o músico Xurxo Souto. Entre eles quixeron poñer en valor un músico completamente esquecido pero que no seu momento lle gañou a partida a artistas recoñecidos como Manolo Escobar ou Juan Pardo. Entre os actos previstos para recuperar a súa figura, está a proxeción do documental sobre a súa figura e que foi rodado en Monforte pola produtora de Anxo Fernández.
Pero...¿quen foi Andrés Do Barro?
Posiblemente os máis novos non o recorden, pero Andrés Do Barro foi un fenómeno musical de principios dos setenta. Estivo no primeiro posto da lista de éxitos co O tren e Pandeirada, editou dous traballos coa casa discográfica RCA, e compuxo a banda sonora da película En la red de mi canción, unha das películas de Mariano Ozores e que foi protagonizada por Concha Velasco, Álvaro de Luna (popularizado máis tarde no papel de O algarrobo da serie de Curro Jiménez) e o humorista Cassen.
Andrés Do Barro vivía en Madrid cando a súa afección pola canción, o levou a tocar a guitarra cun grupo de soldados norteamericano da base de Torrejón de Ardoz. Foi a partir de aí cando, vencendo a oposición familiar, decidiu dedicarse profesionalmente á música. Tanto el como Xabier Alcalá, quen facía de letrista, entraron en contacto con EDIGSA, unha discográfica catalá que buscaba artistas galegos e vascos que cantaran no seu idioma. Como unha cousa leva a outra, entrou nun círculo que acabou asinando un contrato coa editora RCA con quen presentou O tren, o seu primeiro disco que tivo unha sona incuestionable.
Tal e como nos comenta Xabier Alcalá Andrés, os seus letristas e os seus arranxistas produciron cancións agradables, bailables e lembrables. Como sostén o seu amigo Xoán Rubia, o Do Barro foi un creador de baladas único no panorama musical español da época pop. E isto notouse na lista de vendas. Andrés Do Barro sorprendeu a propios e a alleos ofrecendo un traballo que superou con creces todas as previsións.
Canción lixeira pero comprometida
O compromiso político do Andrés era o máis perigoso para o sistema: queriamos desmontar a canción "española". A nosa besta negra era Manolo Escobar. Abonda con ler a introducción que fai o Andrés por escrito no seu primeiro long-play para ver cal era a súa "apoliticidade". A decisión de non seguir publicando cancións con letra comprometida, no social e no político, tomouse friamente, coa mente posta en producir un revulsivo simplemente cantando en galego de xeito moderno. Xabier Alcalá explica deste xeito o compromiso forte e convencido que rodeu ao fito Do Barro que lle serviu para cantar en galego sen atopar demasiadas atrancos por parte do réxime. Aínda que o Ministerio de Información e Turismo lle recomendou que non cantase en galego e chegou a censurar algunhas actuación, Andrés Do Barro conseguiu que toda España tararease aquelo de o tren que me leva polo meu camiño.
Co fin do 73, o tren de Andrés descarrilou. Hai quen di que se debeu a un erro estratéxico ao cambiar de RCA por Belter; outros, moito máis críticos, insinúan problemas do músico coa bebida. O caso foi que en pleno declive Andrés emigrou a México onde, din que só cantou para os amigos. Volveu a España no 1984 onde intentou por en marcha a maquinaria, pero cinco anos despois morreu por mor unha cirrose. O tren parou silenciosamente, sen que ninguén se lembrase de recuperalo ata este ano, no que os amigos tiveron saudade del e decidiron darlle pulo ao seu legado. Ademais do coñecido e do editado, a súa filla atopou centos de cancións que o artista escribiu no seu declive, dúas novelas e dez libros de contos inéditos que poida que atopen o seu camiño.