Preséntase o disco no que trinta grupos fan versións de temas de Andrés do Barro

Dobarrismos

4/6/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Son tempos de Do Barro. Se onte mesmo a Televisión Galega emitía a gala de homenaxe a Andrés do Barro, mañá chega ás tendas "Manifesto Dobarrista", un CD editado por Falcatruada. Baixo este título unha trintena de grupos galegos presentan cadansúa versión dun éxito deste pioneiro do pop en galego. Entre os participantes neste disco, grupos coma The Homen, Narf, Niño y Pistola Fanny + Alexander ou Projecto Mourente. De xeito paralelo, está xa na rede o web dobarrismo.com, que quer ser un punto de encontro para os admiradores deste artista.

Máis información no web de Falcatruada, en Dobarrismo.com, en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia; trailer do documental O tren que me leva en AVG; o noso tema sobre Do Barro; escoita mostras dalgúns dos temas en Mega

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, AVG, Manifesto, Documental...