Un documental recupera tres temas inéditos de Andrés do Barro

O tren segue o seu camiño

30/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Fene acolleu esta semana o acto de presentación do documental co que Anxo Fernández lembra a traxectoria artística e persoal do cantante Andrés do Barro (Narón, 1947- Madrid, 1989). Xavier Alcalá, Cuqui Silva (letristas do artista), Nonito Pereira, Xoán Rubia, Manuel Torreiglesias, Pepe Domingo Castaño o falecido Joaquín Luqui participaron neste traballo de quince minutos de duración que se estreará oficialmente no mes de setembro. O documental inclúe tres temas inéditos do primeiro fito do pop galego que trunfou nas listas de éxitos.

Máis información sobre o documental en La Voz de Galicia e sobre a súa figura no noso tema

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Xavier Alcalá, Xavier Alcalá, Xoán Rubia...