O disco Nordestin@s sitúase entre os cen máis vendidos do Estado

Nordés nos cen

20/12/2006 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
Aínda que ben lonxe do éxito de Alejandro Sanz, un grupo galego conseguiu situar o seu disco entre os cen máis vendidos en todo o Estado durante o Nadal. Nordestin@s, o proxecto de Uadi galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade entrou nesta prezada lista, segundo informan deste a discográfica Falcatruada. Desde a súa saída o pasado once de decembro e en vinte días, o proxecto conseguiu vender xa máis de dúas mil copias, unha respectable cifra a nivel galego.

Máis información en Falcatruada e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nordés, Ugia Pedreira, Abe Rábade, Nadal...

Claves

Protagonistas
Conceptos