Nordestin@s dignifica as cancións populares mariñeiras cunha sofisticada fórmula de fusión co jazz

Refrescantes sons mariñeiros

4/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A unión libre entre Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade deu como resultado o concerto Nordestin@s, celebrado en setembro deste ano no Teatro Principal de Compostela e gravado neste disco do mesmo nome que agora se presenta como produto da man da discográfica Falcatruada. O repertorio, baseado na tradición das cancións mariñeiras “que ulen a mar e a taberna”e cunha posta en escena sinxela na que o trío dá todo de si coas voces das dúas cantantes e o piano de Abe Rábade, comezará agora unha xira invernal por sala e teatros de cidades, vilas e pobos. Guadi Galego subliñou a perfección do formato para unha xira invernal así como a súa vocación por chegar a pequenas vilas ademais de ao circuíto máis urbano. Este disco en directo, o primeiro na caso das dúas cantantes, reinterpreta con frescura as cancións populares, adaptadas nas súas letras e músicas, incorporando a fusión do jazz na sofisticación do piano de Rábade que “non tapa o que de popular teñen as cancións”, deixando claro o seu arraigamento na cultura do país.

Máis información en Nordestin@s

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Abe Rábade, Guadi Galego, Teatro...