Abe Rábade únese a Ugía Pedreira e Guadi Galego nun proxecto sobre cantigas mariñeiras

Nordestin@s

25/8/2006 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
Baixo o nome común de Nordestinas únense as cantantes Ugía Pedreira –Marful- e Guadi Galego – Berrogüetto co músico de Jazz Abe Rábade para recrear o cancioneiro mariñeiro de Galicia. Cun repertorio elixido polas dúas cantantes e con arranxos de Rábade o proxecto cristalizará nun concerto a celebrar o vindeiro 2 de setembro no Teatro Principal de Santiago. O recital recollerase como gravación e será posteriormente editado en CD e en DVD, xa que as imaxes tamén se gravarán.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abe Rábade, Guadi Galego, Cancioneiro, Teatro...