O Consello da Cultura e a Fundación Torrente recuperan a figura de Jorge de Soutomaior cunha exposición e cun ciclo de conferencias

Unha travesía no século XX

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
Jorge Fernández Vázquez, máis coñecido como Jorge de Soutomaior, dedicou boa parte da súa vida a denunciar a opresión do pobo galego que se exiliou nos difíciles anos da posguerra. A partir do seu arquivo persoal e de documentación sobre o DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación), o Consello da Cultura Galega e a Fundación Torrente Ballester queren dar a coñecer a súa historia, a través da que se pode comprender a situación vivida por milleiros de galegos. Ademais da exposición, haberá un ciclo de conferencias e proxeccións así como a presentación do libro “O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios” e as actas do congreso “ O exilio galego” que organizou o Consello da Cultura en 2001.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Fundación Torrente Ballester, Gonzalo Torrente Ballester