22 de xaneiro de 1961. O trasatlántico que facía a ruta Caracas-Lisboa-Vigo foi secuestrado polo DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación), coa intención de dar a coñecer ao mundo as ditaduras de Franco e Salazar. Un canto á liberdade que se converteu no foco de atención dos medios informativos de todo o mundo. Entre os secuestradores, Jorge de Sotomayor, un activista que ten unha traxectoria de participación en movementos de liberación que amosa nunha exposición organizada polo Consello da Cultura Galega.
Revistas como “París Macht”, “Elite” (na súa edición de Venezuela) así como numerosas televisións seguiron durante trece días o suceso do secuestro do Trasatlántico “Santa María” a prol dun grupo de activistas galegos e portugueses coa intención de burlar a censura imposta nos seus países e darlle a coñecer ao mundo as dictaduras de Franco e Salazar. Un fito histórico que supuxo, ademais, un pulso ao mesmo Kennedy, quen mandara a Sexta Frota Norteamericana a interceptar o barco. Pronto verían que os vinte e catro membros do DRIL que apresaran o barco non supuñan perigo para os 856 pasaxeiro. Pero o suceso deixou un fito histórico, o de que o comandante americano estivera cadrado durante quince minutos mentres escoitaba os himnos galego, portugués e ata o da República. Mesmo Luis Seoane no seu programa de radio "Galicia Emigrante" asegura que grazas a esta epopea de liberdade a prensa mundial falou sobre o suceso, no fondo, un dos cometidos desta liberación. “Os xornais, dixo Seoane, deixaron de facer enquisas aos profesores de Dereito Internacional sobre se constituía ou non un acto de piratería e acción do capitán Galvao e os seus compañeiros de empresa, esquecendo nas súas respostas eses especialistas que apoderarse dun castelo en terra, e a historia de Portugal, unha das máis ilustres de Europa, está fundamentada en accións mariñas. Polos camiños máis descoñecidos do oceáno e en aventuras similares á de Galvao, consolidouse, no pasado, o impérito e a liberdade portuguesa. A nós impórtanos agora somentes a acción dese grupo de portugueses e galegos que fixeron cargo do Santa María. Non nos importan as declaracións posteriores de Galvao. E posíbel que non supere esa acción romántica de ter sabido converter nun acto audaz o Santa María no Santa Liberdade, soñándoa para a integridade da península Ibérica...”.
Entre os vintecatro homes que se apoderaron no barco no Caribe figuraba Jorge de Sotomayor, un libertario que ten unha traxectoria ateigada de participacións en movementos de resistencia. Cando a aventura do Santa Maria, rebautizado durante o secuestro como Santa Liberade, remata en Brasil, na cidade de Recife co asilo político dos membros do DRIL, o movemento perde forza.
Jorge, o de Sotomayor
En realidade, Jorge de Sotomayor chámase Jose Fernández Vázquez (Pobra do Caramiñal, 1908). Adoptou este alcume porque consideraba que os Sotomayor formaban parte dos seus antepasados. Unha anécdota que encerra bastante da súa personalidade mitómana e imaxinativa, xa que a súa vida ata 1945 está chea de claroescuros. De feito, nalgúns documentos figura que foi apresado pola Gestapo e levado como prisioneiro en Auschwitz, mentres que noutros lugares asegurou estar en Mathausen. En todo caso, o que queda fóra de toda dúbida, é o seu progresivo radicalismo político que evidenciou en obras como “Ideas sobre a técnica do golpe de Estado” (1932) que coincidiu coa súa entrada no Partido Comunista Español en 1933.
En 1948 emigra a Venezuela por mor da súa disconformidade co cambio de estratexia adoptado polo Partido Comunista de España. Alí estableceuse profesionalmente como experto en electrónica e actuou politicamente en “Libertad para España “ e “Lar Gallego”. Continuou no exilio coa súa defensa política para Galicia, que o levou a fundar en 1959 o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación. Logo do secuestro do Barco vive en Brasil ata 1962, ano no que, ante a perda de forza do DRIL decide volver a Venezuela. Despois dun intento de secuestro por parte da embaixada española foi feito por proporcionarlle instrución militar ao Movemento de Esquerda Revolucionaria. Viaxa a Cuba e entra a formar parte do Grupo Latinoamericano da Tricontinental (Organización de Solidariedade dos Pueblos de África, Asia e América Latina), e viaxa como seu representante a China, Laos e Vietnam.
No ano 1979 regresa por uns meses a súa terra pero decide volver a Venezuela, onde morre en 1986. o seu periplo vital é recollido pola exposición que comisaría o seu fillo e que organiza o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Unha mostra que leva o titulo da exposición “Sotomayor. Unha travesía no século XX” e que amosa unha parte dos fondo que o seu fillo lle cedeu ao Consello.
Material gráfico, correspodencia entre Jorge de Sotomayor e Celso Emilio Ferreiro, Jos Velo, documentación persoal que recolle os trece días de secuestro do Santa María. Uns fondos que constitúen un material destacado para coñecer unha parte do exilio galego menos documentada, a que evidencia as relacións entre os exiliados galegos e portugueses.
O DRIL
Malia que a acción máis coñecida do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación foi o secuestro do Santa María, non foi a única. Creada en 1959 por exiliados españois, sobre todo galegos, e portugueses para loitar contra as ditaduras salazarista e franquista. O DRIL tiña a Humberto Delgado e Xosé Velo como secretarios xerais e entre os seus membros destacou Henrique Galvão.
As primeiras accións armadas realizounas en febreiro de 1960 contra a casa do concello de Madrid e os locais da FET de las JONS, tamén en Madrid, acción na que morre o membro do DRIL José Ramón Pérez Jurado. En xuño de 1960 o DRIL atentou contra as estacións do tren de Barcelona e Bilbao e contra o aeroporto de Madrid. Tralo secuestro do Santa María o DRIL entrou en crise interna, entre outras cousas, polas liortas internas sobre quen liderara a operación, aínda que continuou realizando accións esporádicas ata 1964.