O Consello da Cultura celebra o 75 aniversario do exilio galego cun congreso

75 anos no alén

En 1936, centos de galegos de ideoloxía democrática, republicana, de esquerda liberais ou nacionalistas tiveron que fuxir da súa terra. Comezaba a Guerra Civil española que derivou no maior éxodo, por razóns políticas, da Historia de Galicia. Cando se cumpren 75 anos do comezo do Exilio o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega organiza o I Congreso Internacional (24-29 de setembro). Cinco días nos que estudiosos e especialistas analizarán todas as dimensións politicas, económicas e sociais deste movemento que marcou a historia recente de Galicia.

A súa xénese




O Consello da Cultura Galega, tomando o relevo doutras homenaxes realizadas en diferentes ámbitos da sociedade galega, pretende honrar a memoria e a historia de todos os que se foron. Por iso mesmo prepara un congreso que se celebrará no salón de actos do Consello da Cultura Galega que analizará todos os aspectos da emigración: as artes, as ciencias, os medios de comunicación, as memorias, as biografías e as dinámicas sociais dos centos de persoas que se foron á emigración.
O congreso está organizado por Pilar Cagiao (coordinadora do Arquivo da Emigración Galega), Henrique Monteagudo (Secretario), Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos, Marcelino X. Fernández Santiago, Xosé Manoel Seixas, Miguel Anxo Seixas Seoane. E por un comité científico que está formado por historiadores, xornalistas, filólogos e investigadores.



















Estructuración do Congreso




O I Congreso do Exilio gaego constará de conferencias, relatorios, intervencións en mesas redondas, comunicacións e actividades complementarias. Un programa estructurado en dez sesións que se desenvolverán en cinco días, que se comezan cunha conferencia plenaria á que lle seguirán dous ou tres relatorios en mesas redondas.
Ó lado das conferencias e dos relatorios que se desenvolverán no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, hai unha serie de actividades complementarias aínda por confirmar.





Programa




Cada día da semana se adica a unha disciplina concreta. A xornada do luns comeza o I Congreso cunha visión xeral e contexto histórico do Exilio e unha análise da visión política do movemento migratorio. O martes preténdese descubrir a literatura e o xornalismo do exilio. O mércores as ponencias e as conferencias pretenden abordar as artes plásticas e a arquitectura. O ensino e a figura de Castelao abordarase o xoves e o venres haberá un oco para as historias de vida que constitúen a memoria viva da emigración.