Aberto o prazo para as comunicacións do congreso sobre o exilio do 36

Despois de 65 anos

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

No 2001 celébranse 65 anos do comezo da Guerra Civil, por iso, o Consello da Cultura Galega ten previsto organizar un congreso no que se aborden diferentes aspectos do exilio galego do 36. Da literatura á política, durante 6 días se analizará, estudiará e realizará unha homenaxe a todos os que foron partícipes deste feito histórico.

Prazo das comunicacións


A celebración do 65 aniversario do exilio está estructurado en dez seccións temáticas: Historia, política, literatura, periodismo e comunicación audiovisual, artes plásticas, música e artes escénicas, ensino, os destinos, a memoria e a figura de Castelao. Todos aqueles que desexen ofrecer a súa aportación en calquera destas temáticas deben remitir o título e o resume da súa comunicación ata o vindeiro 30 de abril. Despois, as primeiras achegas aceptadas terán ata o 30 de xuño para entregar o texto íntegro.



Congreso


Co motivo do inicio da Guerra Civil durante seis días (do 16 ó 20 de xullo) celebrarase o congreso "O exilio galego do 36" no Consello da Cultura Galega. Unha semana na que se abordarán os diferentes aspectos temáticos do noso exilio. Xosé Manuel Núñez Seixas, Alonso Montero, Henrique Monteagudo e Xosé Ramón Barreiro Fernández son os encargados da organización do congreso.



Exposición


Tralo peche do Congreso, o 21 de xullo, realizarase unha exposición de carácter itinerante que amosará vitrinas con diferentes obxectos co denominador común de estar relacionados co exilio. Ademais, haberá unha mostra fotográfica con textos explicativos sobre a situación e o exilio do momento.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra Civil, Literatura, Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo...