AÃnda que cun retraso de tres meses sobre o previsto, onte chegou ó Bierzo o profesor que se encargará de dar clases de galego nos colexios de Cacabelos e Corullón, os dous concellos que solicitaron este servicio. Mentres, o noso idioma conta cunha nova ferramenta de aprendizaxe en Internet. O grupo Logos, unha das principais empresas dedicadas á traducción, vén de por na rede un diccionario multilingüe para nenos que conta cunha versión en galego. E continuando con avances para a lingua, Edicións Positivas vén de sacar do prelo unha obra básica da poesÃa de todos os tempos, "Canto de min mesmo", do norteamericano Walt Whitman.
Profesor no Bierzo
Os colexios de Cacabelos e Corullón, no Bierzo, contan desde hoxe cun profesor para impartir a asignatura optativa de Galego. Este profesor chega tres meses despois do previsto polo convenio que acordaran a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla e León para ensinar o noso idioma nesta rexión.
AÃnda que polo de agora só dous colexios se apuntaron á iniciativa, o colectivo Fala Ceibe de defensa do galego asegura que hai moitos máis centros que están dispostos a sumarse en canto desenvolvan plans educativos ó respecto.
Os dous centros nos que os alumnos poden asistir a clases optativas de galego distan entre si uns dez quilómetros.
Para potenciar o emprego da nosa lingua no Bierzo, Fala Ceibe vén de convocar o I Concurso Escolar de Galego "Frei MartÃn Sarmiento", ó que se poden presentar traballos de creación e de investigación redactados polos escolares no noso idioma.
Diccionario para nenos
O Grupo Logos, unha das máis destacadas empresas no campo da traducción e da xestión de contidos en varias linguas vén de pór na rede a versión en galego do seu Diccionario para Nenos, que permite ver a traducción de cada palabra nunhas 120 linguas de todo o mundo ademais de amosar un debuxo da definición e, nalgúns casos, escoitar a pronunciación do vocablo. A versión en galego deste diccionario realizouse coa colaboración de Xavier FrÃas Conde, da Universidade Complutense de Madrid, e está organizado de xeito que os interesados poidan suxerir novos termos que incorporar á obra.
Whitman en galego
Edicións Positivas vén de sacar do prelo a versión en galego dunha das obras máis destacadas da literatura universal, "Canto de min mesmo", de Walt Whitman. Esta edición, en edición bilingüe, achéganos a primeira versión dun poemario que irÃa medrando co seu autor. "Canto de min mesmo" supón unha das maiores obras poéticas estadounidense, e supuxo unha revolución formal e temática na poesÃa do século XIX.