Twitter xa está en galego

A rede social achega desde onte a posibilidade de configurar conta en galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Grazas ao traballo voluntario de tradutores, a rede social Twitter xa está dispoñible en galego. A versión sae aínda nunha versión beta, polo que é posible que haxa erros ou termos para debater mediante o centro de tradución. A nosa lingua chega a esta coñecida ferramenta meses despois do que o Basco e o Catalán, e en paralelo co Romanés. Os traballos de tradución para mellorar a presenza do galego na mesma continúan activos. A versión chega logo dunha intensa campaña de mobilización virtual por parte dos usuarios.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Twitter, Tradución, Lingua galega