Bluesky incorpora a lingua galega á súa interface

A tradución foi impulsada polo activista Carlos Vieito

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Quen acceda a Bluesky, a plataforma de microblogueo de maior crecemento dos últimos tempos, poderá ver que non hai "Gústames", senón "Préstanmes". É a consecuencia da tradución da súa interface ao galego publicada o pasado xoves, nunha actualización que involucrou moitas outras linguas tamén. Bluesky converteuse nas últimas semanas na rede de crecemento máis disparado, trala migración de numerosos usuarios de X (antiga Twitter), molestos polos cambios na plataforma e polo aliñamento do seu propietario, Elon Musk, co presidente electo dos Estados Unidos Donald Trump. A tradución estivo promovida por Carlos Vieito, activista que xa promovera no seu momento a tradución de Twitter ao galego. Vieito rescatou para a tradución de Bluesky antigas solucións que desapareceran cos cambios de terminoloxía ordenados por Musk trala compra da rede. "Volven os chíos e rechouchíos", indica Vieito, quen defende o uso deste termo nacido con Twitter e que xa está recollido pola Real Academia Galega. Na tradución tamén colaboraron Alexandre Espinosa e Xurxo GP. Esta noticia válenos para anunciar tamén a apertura do servizo informativo de culturagalega.gal nesta rede, baixo a conta: @culturagalega.bsky.social.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Twitter, Culturagalega, Lingua galega...