Comezan a funcionar dous prototipos de tradutores en liña do francés e o catalán cara o galego

Pódense empregar no web de Política Lingüística

7/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
28 lecturas | Compartido 0 veces

A Dirección Xeral de Política Lingüística puxo en marcha dous prototipos de novos tradutores automáticos en liña que permiten traducir tanto textos como páxinas web do francés ao galego e do catalán ao galego. Segundo Política Lingüística: "refórzase notablemente a posibilidade de favorecer a libre circulación do galego nos sistemas tecnolóxicos avanzados e, en última instancia, o intercambio cultural, económico e social". A Dirección Xeral sinalou que se está a desenvolver a "versión galego-castelán deste tradutor, e tamén a ferramenta que permitirá a tradución do galego ao inglés e viceversa".

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Tradución, Dirección Xeral de Política Lingüística, Lingua galega