Xerais publica o novo álbum de Astérix en galego

A versión na nosa lingua de Tintin contará cun novo equipo de tradución

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Xerais publica o novo álbum de Astérix en galego

Con tradución de Xavier Senín e María Isabel Soto chega ás librarías A filla de Vercinxetórix. O novo álbum da serie Asterix en galego, asinado por Jean-Yves Ferri ao guión e Didier Conrad ao deseño sae na nosa lingua da man de Edicións Xerais. O conflito xeracional chega á aldea dos galegos coa visita dunha adolescente que se presume é filla do xefe Vercinxetórix, vencido polos romanos.

Pola súa banda, o investigador no campo da banda deseñada Breixo Harguindey anunciou nas redes sociais que fará equipo co seu pai, o escritor e tradutor Henrique Harguindey, para abordar a traslación das aventuras de Tintin ao galego. Obxectivo a lúa será o primeiro álbum que abordarán de xeito conxunto para Trilita Edicións. O lanzamento na primavera de 2019 de As xoias da Castafiore na nosa lingua vírase envolto na polémica pola calidade da súa tradución.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Astérix, Xavier Senín, Jean-Yves Ferri...