Un total de tres mil exemplares comporán a edición en galego de O papiro do César, álbum que fai o número 36 das aventuras de Astérix. O volume sairá á venda nunha coedición entre Salvat-Bruño e Edicións Xerais, que está a correr coa publicación da nosa lingua das aventuras do galego. Este é o segundo álbum no que o dúo conformado por Jean-Yves Ferri e Didier Conrad toman o relevo de Goscinny e Uderzo, creadores orixinais da saga. A data de lanzamento prevista é o 22 de outubro. Xerais publicou tamén este mesmo ano os volumes Astérix e os godos e Astérix lexionario, que sumados a Astérix e os pictos fan catro títulos desta mítica serie de BD á venda na nosa lingua. Salvat Bruño xa editara con anterioridade varios álbums do galo como Astérix o galo e O fouciño de ouro.