Chegan ás librarías dous volumes de Astérix en galego

Bruño editou Astérix o galo e O fouciño de ouro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Chegan ás librarías dous volumes de Astérix en galego

Novos volumes en galego de Astérix están a chegar finalmente as librarías. Os dous primeiros números da colección, Astérix o galo e O fouciño de ouro están xa dispoñibles nunha edición en capa dura lanzada por Bruño e distribuída por Arnoia. Aínda que ningún dos webs do grupo fornece información sobre este lanzamento, as obras están editadas en 2010. A editora non confirmou se continuará a serie e lembrou que están dispoñibles na nosa lingua o álbum O aniversario de Astérix e Obelix O libro de ouro, e un volume triple que recolle as obras O Gran Foxo A Odisea De Asterix e mais O Fillo De Asterix. Tamén están editados os contos sobre cando caeu Obélix na marmita así varios libros con xogos de buscas de personaxes. A reclamación dunha versión de Astérix na nosa lingua provocara unha ampla mobilización nos últimos anos, logo de Galaxia deixase de publicar a colección.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astérix, Ouro, Contos, Editorial Galaxia

Claves

Entidades
Conceptos