Astérix e Tintín voltan falar galego

Xerais lanza dous novos volume do galo e Zephyrum presenta os dous álbums do reporteiro na Lúa

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Astérix e Tintín voltan falar galego

As librarías do país teñen xa nos seus andeis novos títulos clásicos da banda deseñada francobelga. Xerais acaba de pór no mercado dous novos volumes con Astérix como protagonista. Astérix e o Normandos, un clásico da serie de Goscinny e Uderzo, chega cunha tradución de Xabier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar. Canda a este, a editora viguesa lanzou O menhir de ouro, un libro ilustrado que recupera un guión feito para o formato audiolibro polos dous creadores do galo. A obra acompáñase dun CD no que actores como Xerardo Couto (como Astérix), Tacho González (a facer de Obélix) ou Antón Rubal (no papel de Aseguracenturix), narran a historia.

Pola súa banda, Zephyrum e Trilita Edicións acaban e presentar dous novos volumes das aventuras de Tintín. O arco formado polos álbums Obxectivo a Lúa e Camiñantes na Lúa voltan á nosa lingua. Desta volta son Breixo e Henrique Harguindey os responsables da tradución, logo da polémica que envolvera a versión na nosa lingua de As xoias da Castafiore.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astérix, Tintín, Tradución, Ouro...