Xerais editará Astérix en galego

O novo álbum Astérix e os pictos abrirá a serie o vindeiro mes de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Anuncio francés de Astérix e os pictos

Anuncio francés de Astérix e os pictos

Logo das múltiples reclamacións que se foron sucedendo nos últimos anos, semella que a serie de Astérix verá por fin a luz na nosa lingua. Edición Xerais anunciou que se fixo cos dereitos desta celebérrima banda deseñada, e iniciará o vindeiro 24 de outubro a publicación con Astérix e os pictos, o novo álbum, que sairá ao tempo que a edición francesa. Precisamente o título é o primeiro no que Uderzo deixa o debuxo do seu personaxe, que pasa ás mans de Jean-Yves Ferri no guión e de Didier Conrad ao debuxo. Para o vindeiro mes de marzo a editora viguesa prevé continuar coa edición das aventuras anteriores do coñecido galo cos títulos Astérix o Galo e mais Astérix e a fouciña de ouro, segundo adianta Eduardo Maroño no seu blog Qadriños.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astérix, Debuxo, Jean-Yves Ferri, Ouro...