Xerais publica en galego Astérix e o grifón

O último álbum dos galos sae de xeito simultáneo en 17 linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Xerais publica en galego Astérix e o grifón

Astérix e o grifón é o título do novo álbum da serie clásica de banda deseñada que narra as aventuras dos galos que resisten ao imperio romano. A obra que asina o equipo formado por Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración ponse á venda este 21 de outubro en dezasete linguas de xeito simultáneo. Entre elas, a editorial Xerais participa deste lanzamento mundial coa versión en galego do álbum, que sae en edición física e en formato electrónico.

O traballo de tradución correu a cargo de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar. Na nova aventura, Astérix e Obélix partirán nunha expedición ás beiras do río Don á procura do mítico grifón para acudir en axuda do seu amigo Cékankondine.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astérix, Jean-Yves Ferri, Imperio Romano, Banda deseñada...