David Rubín entre outros, súmase aos blogs dedicados á BD mentres sae á luz un novo número da revista "Busola"

Redada: De América ao Valadouro

"De tripas corazón" é o título do blog no que o ourensán David Rubín leva xa uns días a amosar na rede algúns dos seus traballos e opinións no campo da BD. Ao tempo, coñecemos unha curiosa proposta desde Vilagarcía. "Paxaradas" é un blog que publica tiras cómicas e chistes baseados en historias avícolas. E desde Barcelona chéganos o blog do coruñés David Macho, tradutor e articulista da novena arte. Por se fose pouco, podemos descargar xa en formato pdf o último número da revista "Busola". Esta publicación da Oficina de Información Xuvenil do Valadouro recolle entre as súas páxinas varias páxinas dunha historieta realizada por José Santos, que levara un premio no recente concurso de novena arte que organiza este concello

Máis información no blog de Rubín, en Paxarada, blog de David Macho; web da Revista Busola