Proxección internacional de Rubín, nova serie de Norberto e humor gráfico de Kiko son as novas da rede

Redada:Un pouco de todo

David Rubín continúa a se facer oco no exterior. O ourensán gañaba esta fin de semana o torneo FACA 07, no que diferentes debuxantes propoñen equipos de loitadores que se van enfrontando en sucesivas votacións ao xeito de combates. E só dous días despois, o mesmo autor amosa no seu blog a ilustración que coloreou para o celebérrimo autor americano Paul Pope. Pola súa banda, no blog Entrecómics descubrimos o retorno de “El caballero despollado”, ás páxinas da revista Eros Comix, de novo da man do vigués Norberto Fernández. Pola súa banda, Javi Prieto amosa o seu traballo nun novo web. Para rematar, chéganos a presentación, o vindeiro venres 21 no Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Vigo de “O humor non engorda". Esta obra, editada por Biblos, recolle unha escolma da obra humorística de Kiko da Silva.

Máis información no
blog de Rubín ; en Desde mi mundo; noweb de Javi Prieto e no web de Biblos