O web Album05, que segue a publicar a serie “Cuadernos de tormentas”, de David RubÃn, continúa a lle prestar atención a BD e inclúe na súa última actualización unha entrevista a Kiko da Silva. O autor e director de “BD Banda” anuncia, entre outras novas, o lanzamento dun número especial da revista para o vindeiro Saló de Barcelona, que recollerá en castelán unha selección de historias xa aparecidas nos seis números de vida desta publicación. Ao tempo, desde o web do Estudio Baobab, chéganos a nova do último traballo de Javi Montes para Francia. Nada menos que a cor para a capa dun álbum debuxado por Chris Cross para Humanoides Asociados. Descubrimos tamén un novo autor salta ao terreo dos blogs. VÃctor Rivas pon en marcha unha páxina persoal deste tipo e ademais, inicia outra sobre “Harry Pórrez” a serie que desenvolve canda a Bernardo Vergara na revista “Mister K”. Tamén o madrileño Ken Niimura, colaborador habitual de “Barsowia”, presenta o seu novo web con varios dos traballos que tirou nesta publicación galega. Finalmente, descubrimos o completo catálogo de BD galega que ten na rede o club de lectura Biblos. E é que a rede veu repleta esta marea.
A entrevista de Kiko en Album05, o traballo de Montes no blog de Baobab; blog deVÃctor Rivas; blog sobre Harry Pórrez; blog de Ken Niimura; BD en Biblos