A mostras dos novos traballos internacionais de Javi Montes e de Tirso Cons marcan a actualidade da BD na rede

Redada na banda

27/2/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Javi Montes presenta no blog do Estudio Baobab o seu último traballo para Francia, a cor do álbum Lune D´Ombre, de Christelle Pécout, que verá a luz en Humanoides Asociados. Pola súa banda, Tirso Cons achéganos os bosquexos da súa vindeira obra, un western que editará a suíza Paquet. Ademais, coñecemos o blog da libraría BD de Vigo, que realiza abondosas recensións sobre novena arte e informa das actividades que se desenvolven no local. Desde o web de BD banda un deseño de David Rubín e unha longa lista de agradecementos conmemoran os cinco anos deste colectivo, e desde os Estados Unidos chéganos o web de Michael Bonfiglio, colaborador habitual de "Barsowia", con mostras de BD e figuras. Por se fose pouco, descubrimos que a revista SciFiworld, que se publica na rede desde Vilagarcía, inclúe en cada número varias páxinas de BD dispoñibles de balde en formato PDF.

Máis información no blog do Estudio Baobab; blog de Tirso Cons; o blog da libraría BD; a páxina de BD Banda; o web de Bonfiglio; máis sobre os proxectos de Cons nesta reportaxe ;páxina de Scifiworld

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BD Banda, David Rubín, Suíza, Barsowia...