O dúo Tirso Cons e Javi Montes continúa a súa andaina con novos proxectos en Francia

De Cons e Montes

6/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A prestixiosa editora francesa Humanoïdes Associés publicará a nova obra do debuxante Tirso Cons. Trátase do cuarto volume de "Marshall", unha serie ciencia ficción na que o pontevedrés conta de novo coa colaboración do colorista coruñés Javi Montes, con quen xa traballara en "O ollo do diabo". O dúo tamén está a traballar, coa mesma editora, na obra "A casa dos murmurios", unha historia de misterio que conta cun guión de David Muñoz. Cons, ademais, continúa a traballar no xa anunciado western, do que se poden ver páxinas no seu blog.

Máis información no blog de Tirso Cons, en Zona Negativa e nos nosos arquivos; entrevista a Cons en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francia, Guión, Ciencia, Culturagalega...

Claves

Conceptos
Lugares