Unha serie de David Rubín, o blog de Estudio Baobab, e o novo web de BD Banda poñen de actualidade a BD na rede galega

BD Webs

“Caderno de tormentas” é o título da serie que David Rubín está a realizar quincenalmente para o web Album05.com. Esta páxina inclúe ademais unha reportaxe sobre o autor ourensán. Tamén estes días chéganos a noticia do blog do Estudio Baobab, no que os autores deste colectivo coruñés colgan algúns dos seus traballos. Precisamente un dos membros do estudio, Javi Montes, subiu hai pouco a súa páxina persoal. Finalmente, desde BD Banda anuncian unha remodelación do seu web, que achega xa novos contidos e información actualizada sobre o colectivo.

“Caderno de tormentas” e a entrevista a Rubín en Album05.com; blog do Estudio Baobab ; web de Javi Montes; Bdbanda.com