Álbum05 entrevista a Santy Gutiérrez, que nos desvela algúns dos seus vindeiros proxectos

Santy ao descuberto

23/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os compañeiros de album05.com amosan que continúan interesados no mundo da BD e entrevistan a Santy Gutiérrez na última actualización do seu web. Neste texto, Santy descúbrenos que ten na carpeta un proxecto de BD chamado “Nina” con guión do xornalista Óscar Losada “unha historia negra con música de Jazz, alcohol, gángsteres e fuxida de amor” que agarda polo apoio dun editor para se poñer en marcha. Ademais, confésanos que axiña poderemos ver na TVG a súa primeira incursión no campo da animación. Deste o web adiantáronnos a súa intención de continuar entrevistando diferentes autores do país e de continuar prestándolle atención ao sector.

A entrevista en Album05.com; mais sobre Santy nasúa ficha

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

18/02/2009

BD en Letras Vivas

Jacobo Fernández, Santy Gutiérrez, Pinto e Gochi propoñen actividades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santy Gutiérrez, Guión, Animación, Jazz...

Claves

Protagonistas
Entidades