Tirso Cons, Hugo Covelo e mais José Domingo achegan á rede mostras dos seus últimos proxectos

Redada: Revisión de proxectos

29/6/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O debuxo co que Tirso Cons contribúe ao álbum francés de homenaxe ao mítico personaxe Sillage pode verse xa, con cor de Javi Martín, no blog do autor. Canda a isto, Hugo Covelo achéganos as páxinas da historia que prepara para a vindeira revista "Biscuit", centrada na arte. No blog deste autor, ademais, tamén está dispoñible un adianto da historia que publicará no vindeiro número de "Barsowia". Finalmente, no blog de José Domingo podemos ver os deseños de personaxes de Cuimhne, o álbum no que está a traballar con guión de Kike Benlloch.

Máis información no blog de Tirso blog de Hugo e no blog de José Domingo (1 e 2)

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kike Benlloch, Debuxo, Guión, Barsowia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos