A asociación Amigos de Johán Carballeira vén de confirmar o achádego dos restos do xornalista e poeta que lle dá nome e que foi fusilado en 1937 cando era alcalde de Bueu. As cinzas do literato, ata o de agora en paradoiro descoñecido, repousan nun panteón do cemiterio pontevedrés de San Mauro. A asociación anunciou toda unha serie de actos para celebrar o centenario do nacemento de Carballeira. Pola súa banda, os concellos da Pobra e de Vilanova, anunciaron que continuará co seu propósito de declarar a Valle-Inclán fillo predilecto de xeito compartido, a pesar do recente achado dunha carta na que o dramaturgo sinala a súa orixe vilanovense.
Johán Carballeira achado
Un panteón do cemiterio de San Mauro é o lugar onde repousan na actualidade as cinzas do que fora último alcalde de Bueu durante a II República. Johán Carballeira, poeta, galeguista, e un dos principais renovadores do xornalismo do paÃs na súa época, foi fusilado en 1937 nos arredores de Pontevedra e desde entón descoñecÃase a localización dos seus restos.
A asociación de Amigos de Johán Carballeira vén e descubrir este dato coincidindo coa conmemoración do centenario deste escritor, nacido o 13 de febreiro de 1902 en Vigo. Ademais, veñen de solicitar do Concello de Bueu que declare o 2002 Ano de Johán Carballeira e que organice diferentes actos para lembrar a importancia deste personaxe. Ademais desde a asociación promoverán un premio xornalÃstico co nome o galeguista e organizar un simposio sobre o "Xornalismo Galego na II República". Desde Vigo pretenden inaugurar en breve a Rúa do Xornalista Johán Carballeira.
Valle-Inclán conxunto
O Concelleiro de Cultura da Pobra do Caramiñal, Antonio González, apuntou que a publicación dunha carta na que Valle-Inclán sinala que é natural de Vilanova non impedirá que os dous concellos nomeen conxuntamente Fillo Predilecto ó dramaturgo.
González manisfestou que xa coñecÃa a existencia desta carta e indicou que "non é a única" e que "axiña se coñecerá unha nova carta que está en Madrid, dtada no 1915, n aque Vall se declara natural da Pobra". De calquera xeito, sinala que o pacto segue en pé, aÃnda que "está en vÃa morta á espera de reaccións polÃticas".
Desde Vilanova, o alcalde Gonzalo Durán Hermida, sinalou que a carta publicada "constata un feito coñecido e consumado" e sinala que "non vemos iconvintes para seguir adiante coas negociacións, que non pacto, para nomear a Valle Fillo Predilecto a medias coa Pobra".