Lembrar os persoeiros máis destacados nos seus propios berces. Isto é o que están a facer en Bueu e en Portas onde estes días están a celebrar actos de homenaxe ós seus fillos predilectos Domingo Fontán e Johán Carballeira O xeógrafo e o xornalista protagonizan toda unha serie de actos que permiten ademais que os veciños coñezan mellor a súa propia historia.
Ano Johán Carballeira
Será este venres cando Bueu inicie os actos do ano dedicado a un dos seus fillos máis ilustres, o xornalista e escritor Johán Carballeira, fusilado en 1937. Precisamente este ano celébranse os cen anos do nacemento deste personaxe, que foi tamén alcalde da vila. O acto inaugural será un recital poético no que se mesturarán textos de coetáneos de Carballeira coma Amado Carballo, Manuel Antonio ou Castelao con autores do Rexurdimento e posteriores á morte de Carballeira. Segundo a Asociación de Amigos de Johán Carballeira, que organiza o acto, a unidade do recital pretende ser máis temática que cronolóxica, o que permite que convivan textos de Alfredo Brañas con outros de Méndez Ferrín ou de Fran Alonso. O recital leva o título de "Cartafol de Ronseis" e consiste nunha performance teatral na que van entrando e saíndo personaxes do escenario e recitando os textos, todo arredor dunha figura que representa a Johán Carballeira que lles vai dando pé a cada un destes textos.
Ademais deste recital, xa está en marcha a organización dunha nova edición dos certames de xornalismo e de poesía Johán Carballeira, ademais de moitos outros actos que se irán dando a coñecer.
Semana Domingo Fontán
A vila de Portas, nas proximidades de Caldas de Reis, lembra durante toda esta semana o xeógrafo Domingo Fontán, nacido neste lugar en 1788. Os actos iniciáronse o pasado sábado cunha excursión á Coruña na que os veciños do lugar puideron contemplar, na mostra sobre cartografía antiga que se está a celebrar nesta cidade, o primeiro mapa moderno do país realizado por este xeógrafo. Onte iniciouse na casa da cultura a mostra cos traballos do tradicional certame de debuxo e pintura. Para o domingo día catorce está prevista unha actuación da banda de música de Lantaño. A continuación leranse os traballos galardonados no certame literario que homenaxea a Fontán e farase a entrega dos premios dos diversos certames. Á unha da tarde farase unha misa e unha ofrenda floral, e poderá verse unha exposición de Karts.
Esta semana vense celebrando desde 1988, cando se cumprían dous séculos do nacemento de Domingo Fontán e os seus restos eran trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres.