A Pobra e Vilanova irmanaranse con Valle-Inclán coma nexo

Os dous concellos dan por fechada a desputa sobre a orixe do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Pobra e Vilanova irmanaranse con Valle-Inclán coma nexo

Logo de anos a ser unha fonte de desputas, Valle-Inclán pasará a ser o símbolo que una os concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa. Os alcaldes dos dous municipios anunciaron onte que farán un irmanamento e que deixarán o debate sobre en cal das localidades naceu o coñecidos dramaturgo. Como un dos primeiros actos desta nova época, o rexedor de Vilanova será o protagonista da vindeira ofrenda floral que se lle fará ao escritor na Pobra. Segundo anunciaron os dous alcaldes, este será o primeiro dunha serie de actos que buscan a promoción conxunta da figura de Valle. Malia a que o debate sobre a orixe do autor siga aberto, semella que os foros han que ser outros e non os municipais.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilanova, Arousa, Pobra do Caramiñal