A polémica sobre o lugar de nacemento de Valle-Inclán cobra novos pulos. O pasado mes de novembro os concellos de Vilanova e da Pobra do Caramiñal aparcaban a desputa sobre a orixe e preparaban actos conxuntos de homenaxe ó escritor. Pero esa paz pode rematar logo da información publicada hoxe en "O Correo Galego", que reproduce unha carta recentemente descuberta polo historiador AbuÃn de Tembra na que Valle declárase natural de Vilanova.
O inédito
A carta que reproduce hoxe "O Correo Galego" foi escrita o 25 de outubro de 1935, só dous meses antes da morte do escritor e cando este xa se atopaba gravemente enfermo e ingresado na clÃnica do doutor Vilar en Compostela.
O texto concreto da carta é o seguinte:
"Santiago de Compostela 25-X-1935. Necesito unha cédula. O pasaporte, que, coma todos os pasaportes, era por un ano, caducoume. A cédula, de acordo coa fe de bautismo é saÃ: Ramón del Valle y de la Peña. Natural de Vilanova de Arousa. O cura que me bautizou comeu o Inclán, entendendo que era o segundo apelido do meu pai e non un só apelido. En suma, preciso a cédula como reza a fe de baustimo, pois faime falla poara poder outorgar un documento puúblico".
A carta Ãa dirixida a un alto cargo dapaolÃtica galega da época para que se encargase de xestionar este documento.
A descuberta
O autor deste achádego foi o profesor AbuÃn de tembra, que a atopou hai arredor de tres meses durante unha investigación sobre tema. Segundo el, coa publicación deste documento tenta "evidenciar unha verdade histórica" e desterrar a "falacia" de que Valle nacese na Pobra do Caramiñal. Segundo el, os pais de Valle casan en Vilanova, e viven na casa do Cuadrante, "onde nacen, bautÃzanse e rexÃstranse, a partir da entrada en vigor do rexistro civil en 1871, os seus oito fillos". O dato de que foron oito os fillos deste matrimonio contradà a algúns biógrafos de Valle que, coma GarcÃa Bayón, só recollen a catro. Para AbuÃn "coa carta conclúe definitivamente a cuestión" da orixe do escritor, una polémica que xa existÃa durante a súa vida e que el mesmo se encargou de alimentar creando a lenda de que nacera nunha barca no medio da RÃa de Arousa.
Queda por ver como pode afectar esta polemica ó acordo entre os concellos da Pobra e de Vilanova para declarar a Valle-Inclán fillo adoptivo de xeito conxunto.