O ano 2006 remata con novos lanzamentos no campo das publicacións periódicas. Por unha banda, a veterana revista "Tempos novos" presentaba onte a súa nova xeira, na que contará co suplemento "ProTexta" dedicado ao campo da literatura. Pola outra, o xornalista Xoán Barro presentaba tamén esta semana "Serendipia", unha nova publicación cultural que tentará cada dous meses achegar un novo punto de vista sobre este campo, dándolle unha grande importancia á imaxe.
Máis información na canle "Tempos novos" en Vieiros e en Galicia Hoxe sobre Tempos Novos e Serendipia