Os medios de comunicación “A Nosa Terra”, “Vieiros”, “Tempos Novos”, “A Peneira” e “Galicia Hoxe” acaban de se unir na Asociación de Medios Escritos en Galego (AME). Este colectivo quere coordinar aquelas publicacións de información xeral que se editan no noso paÃs cunha periodicidade inferior aos dous meses e que están escritas integramente no noso idioma. AME quere servir, segundo os seus promotores, para defender os intereses das empresas asociadas, asà como fortalecer o sector dos medios en galego e consolidar un espazo de comunicación do noso idioma.
Máis información en Galicia Hoxe; en Vieiros e no web de AME