O proxecto “Cantos na maré” amplíase a unha semana con exposicions, gastronomía e literatura

Cantos da lusofonía

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Comezou sendo un concerto para xuntar no mesmo escenario a representantes da música galega e lusófona, pero este ano será moito máis. O proxecto “Cantos na maré” conta este ano con novos colaboradores (a Consellaría de Cultura) e cun programa máis amplo: o luns 11 comezará a “Semana da Lusofonía” que levará á cidade de Pontevedra actividades de diferente tipo como conferencias literarias, xornadas de degustación ou exposicións. A semana rematará o día 16 co concerto “Mulleres na lusofonía”, que xuntará no Pazo da Cultura a Amelia Muge (Mozambique), Eneida Marta (Guinea Bissau), Luanda Cozzetti (Brasil), Ugía Pedreira e Uxía. O concerto pretende ter proxección internacional, para o que están convidados xornalistas especializados de diferentes países.

Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra, en Galicia Hoxe e sobre edicións anteriores na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lusofonía, Maré, Literatura, Gastronomía...