O 14 de xaneiro é a data na que se celebrará en Pontevedra unha nova edición de Cantos na Maré, o festival internacional da lusofonÃa. Carlos do Carmo, Mayra Andrade, Socorro Lira e Xoán Curiel conforman o programa desta edición. O encontro seguirá fiel ao seu formato habitual e contará con varios dÃas de ensaios para que os convidados “se coñezan e constrúan xuntos un repertorio orixinal” explica a nota de prensa remitida pola organización. Cantos na Maré é unha producón de NordesÃa, co patrocinio do concello de Pontevedra, a colaboración de Agadic e Novacaixagalicia, que conta con UxÃa como directora artÃstica.
A nota de prensa destaca os seguintes perfÃs dos artistas participantes:
Carlos do Carmo é sinónimo de fado. Hai case medio século que iniciou unha carreira artÃstica consagrada á canción de Lisboa, converténdose nunha das súas voces máis emblemáticas. A súa preocupación por evolucionar cos tempos fai que siga a ser un referente para as novas xeracións, que atopan nel o carisma, a elegancia e a frescura dun artista universal que levou a música portuguesa aos mellores escenarios dos cinco continentes.
Mayra Andrade pode presumir aos seus 26 anos de ter compartido aventuras musicais
con Charles Aznavour, Youssou N'Dour, Carlinhos Brown, Angélique Kidjo ou Lenine. Non é unha cantante máis: é a voz chamada a marcar unha nova etapa na música de Cabo Verde. Inconformista e atrevida, foxe de etiquetas explorando as vÃas menos transitadas, coa convicción de que é necesario experimentar para crecer.
Socorro Lira xunta coñecemento do pasado e creatividade contemporánea. Vén do sertão brasileiro, ama as músicas do seu paÃs e traballa arreo para divulgar as súas manifestacións máis xenuÃnas. Ao seu valioso traballo de recuperación do patrimonio musical do estado de ParaÃba seguiu un proxecto ambicioso que a uniu para sempre a Galicia: é Cores do Atlántico, no que fai unha interpretación en clave actual das cantigas de amigo da lÃrica galego-portuguesa.
Xoán Curiel fai pop galego libre de prexuÃzos. As súas cancións agochan sorpresas agradables: instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, influencias da música étnica e letras conectadas co presente. Magnético Zen é o seu último álbum, no que ofrece a súa particular visión crÃtica do caos no que se atopa inmersa a sociedade actual. Unha sacudida necesaria para espantar o medo de enfrontarse ao presente.