O proxecto “Cantos na maré” xurdiu dun concerto celebrado en agosto de 2003 na pontevedresa Praza da FerrerÃa e que reuniu en dezaseis temas as voces de diferentes artistas da música en galego e portugués. Xunto aos galegos Xabier DÃaz e UxÃa, aparecen neste digipack que recolle aquel concerto, o brasileiro Chico César; a portuguesa Filipa Pais; Manecas Costa, de Guinne-Bissau; a mozambicana Astra Harris; o caboverdiano Jon Luz; e o grupo de caboverdianas afincadas en Burela, Batuko Tantaka. O disco está editado baixo o selo Cartafol Editores e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Fundación Caixa Galicia, asà como da empresa NordesÃa nas labores de produción. Os beneficios xerados por esta edición irán destinados ao Instituto Cultural Casa de Beradêro, Catolé do Rocha, Estado da Paraiba, Brasil, para o desenvolvemento humano e estÃmulo cultural dos pequenos e pequenas desfavorecidos. A institución está promovida por Chico César, que exerceu de director musical no espectáculo que recolle o disco.
NordesÃa
Máis información en Vieiros
NordesÃa