A poesía protagonizará o vindeiro Cantos na Maré

Pontevedra acolle o festival musical da lusofonía o vindeiro 11 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Músicos de Galicia, Portugal, Brasil e Cabo Verde aínda por desvelar protagonizarán a nova edición de Cantos na Maré. O festival da lusofonía terá por eixe a poesía, a coincidir co feche do Ano Rosaliano e celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro 11 de xaneiro. Versos de Rosalía de Castro, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Fernando Pessoa atoparanse nas voces convidadas esta edición, segundo adiantou esta fin de semana no Culturgal Uxía Senlle, directora do festival.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Maré, Lusofonía, Celso Emilio Ferreiro...